Sobre Nós

Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra

Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra

A Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra é un proxecto formativo, dirixido por Hipólito Cabezas, a través da Asociación Galega de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra que nace en marzo do ano 2005, para dar a coñecer, respectar e transmitir tanto a música como a tradición galega a través da gaita e percusión galega.
A Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra e está dirixida a tódalas persoas que teñan inquietudes pola nosa música a partires dos seis anos, sen límite de idade.

escola de gaitas da provincia de pontevedra

“A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra está formada por músicos de toda a provincia esta dirixida dende o seu comezo por Hipólito Cabezas.”

escola de gaitas da provincia de pontevedra

Descripción/div>

Descripción

A Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra, é un proxecto formativo, dirixido por Hipólito Cabezas, a través da Asociación Galega de Bandas de Gaitas da Provincia de Pontevedra, para ofertar a provincia de Pontevedra a posibilidade de coñecer, respetar e transmitir tanto a música como a tradición galega a través da gaita e percusión galega.


Historia

Historia

A Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra nace no mes de Marzo do 2005, inicialmente con catro Escolas, Salnés (Vilanova de Arousa), Deza (Lalín), Centro (Pontevedra) e Sur (Vigo), aínda que pronto entrará a formar parte a quinta Escola no Morrazo (Cangas).
No 2005 a Escola comeza a súa andaina con preto de 278 Matriculas, na actualidade estamos preto das 700. En Agosto do 2015 a nova corporación da Deputación de Pontevedra decide rescindir o apoio a Escola e na actualidade conta con dúas Escolas, en Vigo e Pontevedra.
Nos comezos as agrupacións ou asociacións que estaban preto das Escolas, expresaron o seu medo a perdida de alumnos, o tempo nos dou a razón é produciuse o efecto totalmente contrario, a Escola é un vivero de alumnos para todos eles.

Labor

Labor

A Escola de Gaitas da Provincia pretende achegar a música e a tradición galega. A música entendida como forma de expresión, representación e comunicación e a tradición galega como un referente claro para o desenvolvemento da Escola. Referente que se verá complementado con novas liñas de actuación que, partindo do coñecemento, transmisión e respeto pola tradición, abrirá novas expectativas para a música galega. E todo elo con catro instrumentos claves: a gaita, o redobrante, a pandeireta e a zanfona.

escola de gaitas da provincia de pontevedra

Obxectivos

Obxectivos

Este proxecto formativo está dirixido a todos os interesados, rapaces e adultos, a partires dos seis anos e sen limite de idade. Alumnos que poderán disfrutar desta formación definindo idade, niveles …etc. Tendo como obxectivos :

• Observar, analizar e apreciar as realidades sonoras producidas tanto por instrumentos, como pola propia voz humana.
• Participar en actividades musicais, de escoita activa e de producción ou interpretación propia, iniciándose na música como experiencia grata e enriquecedora.
• Aprendizaxe e perfeccionamento da Linguaxe musical.
• Coñecer a riqueza musical da gaita, zanfona e da percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensino-aprendizaxe onde se combinen coñecementos teórico-prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación, e os seus valores culturais.


  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra
  • escola de gaitas da provincia de pontevedra

Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar